Por algún sitio había que empezar.
Empezar como os ríos, como unha pequena corrente de auga á que se lle van sumando outras moitas para coller forza, para facer e andar camiños, para viaxar polo mundo adiante, para poder ter un nome, para logo perdelo.
Para ser nada e logo todo e logo nada outra vez…
Empezar acompañado por Thibaut namentras el poda, porque querer quere, ata que se convirta nun fermoso castiñeiro en Meire.
Empezar de novo, empezar cada día, empezar a empezar…