Tempos de andar polos camiños fabricando ilusión.  Compartindo ilusión.

Tempos compartidos con moitos e con poucos.

Nunca saiu un coello dunha chisteira.  Nunca unha serpe ainda que Serpenélope non deixou de andar perto…

… pero sempre intentei que saira un sorriso da miña boca, unha sorpresa das miñas mans e unha ilusión do meu corazon.

Agora é tempo de maletas pechadas.

Agora é tempo de fabricar ilusións para min.